O equipo do Club Chan do Fento, CAMPIÓN da Ruta do Viño 2022
O pasado mércores, 27 de xullo, celebrouse no campo do Aeroclub de Santiago a derradeira xornada da Ruta do Viño 2022, onde chegaban moi axustados, e únicos con posibilidades de victoria final, os equipos de Chan do Fento e Ría…
La entrada O equipo do Club Chan do Fento, CAMPIÓN da Ruta do Viño 2022 se publicó primero en Chan do Fento Golf Club.
O pasado mércores, 27 de xullo, celebrouse no campo do Aeroclub de Santiago a derradeira xornada da Ruta do Viño 2022, onde chegaban moi axustados, e únicos con posibilidades de victoria final, os equipos de Chan do Fento e Ría de Vigo.
Como non podía ser doutra forma, foi o equipo do Club Chan do Fento quen alzou o trofeo de campión, tras un empate final a puntos con Ría de Vigo, resolto por seren gañadores de máis torneos ao longo da tempada (3&2).
Esta Directiva celebra con todo o equipo o éxito e trasladámoslles os nosos parabéns aos seus membros, mencionando especialmente a Jorge Castiñeiras e aos seus prezados asistentes: Antonio Parrado e Rafa Solla.
A copa de gañadores exporase ao longo de todo este ano, co obxetivo non só de compartilo co resto de socios e socias, senón tamén co de que permaneza na vitrina máis aló da próxima tempada, o que significará que gañamos outro ano máis.
Botando unha ollada atrás, debemos recordar que o noso Clube xa ten unha Copa Ruta do Viño en propiedade, por vencer en tres ocasións consecutivas, sendo o único equipo dos participantes que ten este histórico galardón.
¡ Adxúntanse unhas imaxes da xornada final !
La entrada O equipo do Club Chan do Fento, CAMPIÓN da Ruta do Viño 2022 se publicó primero en Chan do Fento Golf Club.